Saltar ao contido

Alice Catherine Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice Catherine Evans

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Neath, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Alexandria, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Presidenta American Society for Microbiology (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadison (–1913)
Washington, D.C. (1913–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell - bacterioloxía (–1909)
Universidade de Wisconsin-Madison - bacterioloxía (1909–1910)
Faculdade de Agricultura e Ciências da Vida da Universidade Cornell (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBrucelose, doenza infecciosa e microbioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmicrobióloga, bacterióloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDepartamento de Agricultura dos Estados Unidos, bacterióloga (–1918)
United States Public Health Service (en) Traducir (1918–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1945xubilación Editar o valor en Wikidata
Premios

Alice Catherine Evans, nada no Condado de Bradford, Pensilvania, Estados Unidos, o 29 de xaneiro de 1881 e finada en Alexandria, Virxinia, o 5 de setembro de 1975, foi unha microbióloga estadounidense que descubriu o mecanismo de contaxio da Brucelose[1] e reduciu de xeito significativo a súa incidencia recomendando a pasteurización do leite de vaca. Polo seu traballo foi a primeira muller en ser nomeada presidenta da Society of American Bacteriologists.

Nada nunha granxa do Condado de Bradford (Pensilvania), desde moi pequena interesouse polas enfermidades que afectaban os animais. Por iso estudou bacterioloxía na Universidade de Wisconsin–Madison, onde recibiu unha bolsa para facer investigación avanzada.[2]

A súa primeira tarefa foi investigar técnicas para mellorar o gusto do queixo Cheddar. Mentres tanto, empezou a facer investigación sobre as enfermidades que afectan as vacas. Entre estes animais a infección por Bacillus abortus era relativamente frecuente e na época pensábase que non tiña efectos sobre os humanos. Alice empezou a buscar conexións entre os síntomas de determinadas enfermidades e a inxestión de leite de vaca enferma e descubriu que a febre da brucelose proviña xustamente desta fonte. Publicou o seu achado ao Journal of Infectious Diseases en 1918.

A pesar do escepticismo inicial dos seus colegas polo feito de ser muller, varios estudos independentes confirmaron a súa tese e a partir daquel momento empezouse a recomendar a pasteurización do leite a nivel masivo para evitar contraer a enfermidade. Alice contribuíu posteriormente a adiantos no coñecemento doutras afeccións como a meninxite. Evans doou unha colección dos seus traballos á Biblioteca Nacional de Medicamento en 1969.[3]

  1. "Alice Catherine Evans (1881-1975)". Palgrave Macmillan Journals. 
  2. National Women's History Museum (ed.). "Alice Evans". 
  3. National Library of Medicine (ed.). "Alice C. Evans Papers 1923-1975" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.